O 26 DE AGOSTO ABRIMOS A INSCRIPCION NO CLUB
INSCRIPCIÓN ate o 10 de setembro
• PRESENCIAL: no local social , Rúa Coruña, 102, 1º dta.
Tlf: 981 355 869- Luns, mércores, venres de 19:30 a 21:30h.
**** Na oficina de turismo de Cedeira
• POR CORREO ELECTRÓNICO (secretariacmf@gmail.com) enviar datos de ficha e recibo de ingreso escaneado.
Non se admiten inscrición por teléfono nin fax.
Recoméndase o pago Bancario.
CAIXANOVA 2080 / 0206 / 16 / 0040007707
Ou Caixagalicia 2091 / 0200 / 06 / 3040084038
- Só maiores de 18 anos ou de 16 con autorización escrita dos pais.
- É imprescindible que a organización teña recibida a ficha de inscrición e o xustificante de ingreso.
- Cuota de participación de 12 euros (8 os socios, federados e veciños de Cedeira)
- Máximo de participantes: 150 non socios nin federados.
- A Inscrición non se formaliza ate que o confirme a organización ou no blog: http:cedeiraape.blogspot.com
• Dado que é unha actividade privada, a organización reservase o dereito de inscrición na mesma.
• Unha vez efectuada a inscrición, por organización e reservas de gastos, non se admitirán reclamacións nin devolucións.
HORARIOS DA ANDAINA:
• É imprescindible toma-la saída na Praza Roxa, para considerarse na marcha
• Saída: o sábado 18 de setembro na Praza de Roxa ás 9'00 da mañá.
• É preciso estar na saída 30 minutos antes de que escomence a andaina, para recolle-lo dorsal.
• Dado que non se trata dunha proba atlética competitiva, o paso polos puntos de avituallamento non poderá ser anterior ás horas que se establezan.
ABANDONO DA ANDAINA:
• Aqueles que por calquera motivo decidan abandona-la andaina teñen que, obrigatoriamente, poñerse en contacto con algún membro da organización
AVITUALLAMENTO:
Haberá 4 puntos, (cada 8/10kms) nos que se intentará dispor de auga, bebidas, e froita. O Compromiso da organización será so intentar favorecer ó camiñante.
Dado a configuración da marcha, ó final se dispoñerá de duchas no pavillón
0 comentarios