Hai 7 días andabamos polas Terras de Cedeira
desfrutando da costa máis indómita de Galicia. O emblema da nosa marcha
son dous percebes sendeiristas, pois andamos a mesma costa que habita o
prezado manxar... iso si, nós sempre por camiños cunha certa
seguridade. Por iso cando esta semana vimos este vídeo que resume unha actuación de rescate do servizo de Salvamento Marítimo para recuperar a
un percebeiro mancado na súa "oficina", no seu lugar de traballo ao
Norte de Punta Candeeira, non poidemos por menos que pensar 1) no
fermosa que é a nosa costa; 2) no respecto que hai que terlle ao mar; 3)
no barato que é o marisco para o que custa traballalo; e 4) na
confianza que dá contar con servizos públicos como Salvamento Marítimo Un aplauso e unha aperta!
Outros anos baixou a temperatura a 8º, outros sopraba o vento... este sábado calor, pero pola contra impresionantes vistas... pagou a pena!
A moita xente fíxoselle eterna a ruta, tralas sucesivas melloras no percorrido, cada vez máis costeiro e espectacular, o track –que tamén podedes trastear en Wikiloc– xa limpiño, non chega a 36 km!
Axiña disporemos as fotos neste blog, anímate a compartir a túa opinión sobre Cedeira a pé, agradecémola de verdade!
DESCARGAR TRACK OFICIAL TERRAS DE CEDEIRA 2018 (ZIP GPX/KML)
Xa haberá tempo a facer a crónica da IX marcha Terras de Cedeira... pero polo pronto que nos quiten o andado! 40 km a pé e día absolutamente redondo no meteorolóxico, que fixo sufrir a máis de un. Grazas a tod@s os que vos animastes a participar nas nosas propostas de sendeirismo e lecer activo.
Ollo aos desvíos provisionais na zona da rotonda perto da Praza Roxa de Cedeira, lugar de saída e chegada da Marcha Terras de Cedeira. No croquis da policía local tedes sinalizada a zona curtada ao tráfico (en vermello) e os circuitos alternativos. Ollo tamén onde aparcades, atencións ás limitacións de estacionamento indicadas. Máis información no blog da Policía Local.
Se tes licenza federativa de Montaña en vigor, hoxe aínda podes inscribir á andaina dos 40 km de Cedeira a pé. Ollo que igual esta é a última ocasión de facelos...
Por outra banda, as predicións meteorolóxicas que se presentan para este sábado son inmellorables para camiñar... vémonos en Cedeira!
Por outra banda, as predicións meteorolóxicas que se presentan para este sábado son inmellorables para camiñar... vémonos en Cedeira!
Estás inscrit@ na marcha e non tes coñecemento da zona? Non te preocupes, aquí tes os tracks das dúas últimas edicións para familiarizarte. Como podes ver, os nosos activos compañeiros de Cedeira foron recuperando cada vez máis e máis camiños antigos para achegar o trazado –sempre con seguridade– ao perfil da costa máis indómita de Galicia.
TRACK 2017
Powered by Wikiloc
TRACK 2016
Powered by Wikiloc
O martes o presi do club estivo a falar con Isidoro Valerio sobre a andaina das terras de Cedeira, no espazo Voces de Ferrol... Non deixes de escoitalo!
Cando abrimos o timeline do noso Twitter e atopamos con dúas boas novas: a xornalista Mara Torres anunciando a súa volta á radio co programa El Faro, e para comezar esa nova andaina tivo a feliz idea de ilustrala cunha imaxe dun faro... tan familiar para nós: o de Punta Candeeira, que terás á vista aproximadamente a partir do pk 27 na nosa ruta das Terras de Cedeira...
...outro motivo máis para vir andar as marabillosas terras de Cedeira este sábado!
O 6 de setembro, dous días antes da celebración da IX Marcha Terras de Cedeira, La Vuelta volve por estas terras do Noroeste, en concreto a Estaca de Bares e Mañón.
Hai un par de anos tamén o fixera, o 23 de agosto de 2016, daquela volta con final na Vixía de Herbeira, na Serra da Capelada.
Nesa ocasión, e ademáis de seguir o deporte das dúas rodas facendo tumbing, un dos nosos socios capturou na multipantalla da web de Televisión Española estas impresionantes vistas que tomaba o helicóptero da cadea pública. Todo o que amosamos a seguir forma parte do trazado da Marcha Terras de Cedeira: desde a saída na praia da Madgalena até o faro de Punta Robaleira; ata os cantís da costa de Candeeira e Corveiro, pasando polos montes da Capelada e Teixido...
Non é velo nin contalo... hai que sentir a inmensidade e brutal beleza desta paisaxe onde fúndense a montaña e o mar e onde –conta a lenda– Santo André baixou da barca...
Todo isto ao alcance dos teus pés...

Estamos traballando no acondicionamento do trazado. Hai treitos que semellan a selva entre o que choveu e o sol que veu despois a vexetación tirou para arriba por todas partes.
O concello comprometeu unha pasada de tractor para rozar moitos dos camiños que para si quixera o Amazonas!
O concello comprometeu unha pasada de tractor para rozar moitos dos camiños que para si quixera o Amazonas!