HAI QUEN DI QUE O MARISCO É CARO
Hai 7 días andabamos polas Terras de Cedeira
desfrutando da costa máis indómita de Galicia. O emblema da nosa marcha
son dous percebes sendeiristas, pois andamos a mesma costa que habita o
prezado manxar... iso si, nós sempre por camiños cunha certa
seguridade. Por iso cando esta semana vimos este vídeo que resume unha actuación de rescate do servizo de Salvamento Marítimo para recuperar a
un percebeiro mancado na súa "oficina", no seu lugar de traballo ao
Norte de Punta Candeeira, non poidemos por menos que pensar 1) no
fermosa que é a nosa costa; 2) no respecto que hai que terlle ao mar; 3)
no barato que é o marisco para o que custa traballalo; e 4) na
confianza que dá contar con servizos públicos como Salvamento Marítimo Un aplauso e unha aperta!
0 comentarios