CONTA ATRÁS PARA A DERRADEIRA EDICIÓN
martes, setembro 10, 2019
Bo día! A catro días vista para a celebración da andaina as predicións meteorolóxicas suxiren que imos poder gozar dun día soleado e con temperaturas agradables para camiñar. Aquí deixamos unha imaxe da edición do pasado ano, que coincidiu daquela coa celebración das festas patronais en Santo André de Teixido o 8 de setembro, polo que o lugar estaba máis concorrido do habitual.
Vémonos en Cedeira... e se non o fixeches xa aínda podes inscribir na marcha até o mércores.
0 comentarios