UN CAMIÑANTE A CONTRAMARCHA

luns, setembro 23, 2019


(foto de Abel, tirada do seu blog)

Días despois da celebración da andaina recibimos un correo de Abel García, un "andarín" como el mesmo se define, que nesa mesma xornada do 14 de setembro encetou unha andaina desde Neda -onde reside- até a Romaxe do Casón, na parroquia ortegana de Veiga.

Nada menos que 70 quilómetros de percorrido, que facía por quinta vez e no que procuraba, por primeira vez, seguir o trazado máis pegado á Costa Ártabra... e non sabe a sorte que tivo de facelo no mesmo día da marcha porque así atopou moitos dos camiños limpos e destupidos da vexetación que os invadía poucos días atrás.

Así foi como pasado o mediodía, e con xa máis de 50 km ás costas, achegouse ao avituallamento que tiñamos disposto no Chao do Monte, perto de Teixido.

Abel levaba xa 10 km sen auga, como confesa, así que, pasada xa a baixada de Tarroiba comezou a cruzar cos camiñantes da nosa marcha das Terras de Cedeira que se aprestaban precisamente a facer a temible subida a Tarroiba, e entre eles a moitos coñecid@s, tanto veciños e veciñas como compañeiros de traballo... unha boa sorpresa que anticipaba a chegada ao avituallamento do Club Montaña Ferrol onte, como manda a hospitalidade montañeira, avituallou de auga e froita para proseguir a súa andaina, que aínda o levaría a Santo André de Teixido camiño da Romaxe do Casón... completando o itinerario ás 7 da tarde, 18 horas despois de comezar en Neda.

E como memoria desta andaina deixou unha entrada no seu blog, que vos recomendamos ler neste link:

  • Comparte a entrada en

0 comentarios