DIA ESPECTACULAR PARA A DERRADEIRA DAS TERRAS DE CEDEIRA

luns, setembro 16, 2019

109 inscrit@s, faltaron 5 a saída e que saibamos só 1 retirouse para a décima e, como xa tiñamos anunciado, derradeira edición dos 40 kilómetros a pé polas Terras de Cedeira.


Comparado co día que fixo o venres (600 reproducions leva o video que temos colgado no facebook, co compañeiro Luciano cuasi perdido no neboeiro), e un domingo tamén pechadisimo na zona de Tarroiba.

Hai que agradecer un ano mais o esforzo da Policía Local e de Protección Civil, así como as brigadas de limpeza dos días anteriores que deixaron a ruta feita unha "autopista".

Pero até que non convenzamos aos políticos de que as accións turísticas non só é ter unha praia con bandeira azul, senón que a xente que fai uso dos sendeiros e camiños dos espazos naturais durante todo o ano, o que máis valora é non ter a preocupación de perderse... Manter a ruta é algo que está por riba da nosa capacidade e responsabilidade como clube, e non podemos estar detrás deles ano tras ano e case pedindo as cousas de favor, cando debería ser ao revés.


A tod@s os que participastes e botáchedes unha man (tod@s os voluntari@s, soci@s ou non, concelleir@s, alcaldes, Mar da oficina de Turismo, Pablo de Cedeira Sport, e moit@s máis que estiveron aí  GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS

  • Comparte a entrada en

0 comentarios