O martes o presi do club estivo a falar con Isidoro Valerio sobre a andaina das terras de Cedeira, no espazo Voces de Ferrol... Non deixes de escoitalo!
Cando abrimos o timeline do noso Twitter e atopamos con dúas boas novas: a xornalista Mara Torres anunciando a súa volta á radio co programa El Faro, e para comezar esa nova andaina tivo a feliz idea de ilustrala cunha imaxe dun faro... tan familiar para nós: o de Punta Candeeira, que terás á vista aproximadamente a partir do pk 27 na nosa ruta das Terras de Cedeira...
...outro motivo máis para vir andar as marabillosas terras de Cedeira este sábado!
O 6 de setembro, dous días antes da celebración da IX Marcha Terras de Cedeira, La Vuelta volve por estas terras do Noroeste, en concreto a Estaca de Bares e Mañón.
Hai un par de anos tamén o fixera, o 23 de agosto de 2016, daquela volta con final na Vixía de Herbeira, na Serra da Capelada.
Nesa ocasión, e ademáis de seguir o deporte das dúas rodas facendo tumbing, un dos nosos socios capturou na multipantalla da web de Televisión Española estas impresionantes vistas que tomaba o helicóptero da cadea pública. Todo o que amosamos a seguir forma parte do trazado da Marcha Terras de Cedeira: desde a saída na praia da Madgalena até o faro de Punta Robaleira; ata os cantís da costa de Candeeira e Corveiro, pasando polos montes da Capelada e Teixido...
Non é velo nin contalo... hai que sentir a inmensidade e brutal beleza desta paisaxe onde fúndense a montaña e o mar e onde –conta a lenda– Santo André baixou da barca...
Todo isto ao alcance dos teus pés...

Estamos traballando no acondicionamento do trazado. Hai treitos que semellan a selva entre o que choveu e o sol que veu despois a vexetación tirou para arriba por todas partes.
O concello comprometeu unha pasada de tractor para rozar moitos dos camiños que para si quixera o Amazonas!
O concello comprometeu unha pasada de tractor para rozar moitos dos camiños que para si quixera o Amazonas!
https://xoanmira.blogspot.com.es/2017/09/andaina-terras-de-cedeira-2017.html
Xa casi sobra o noso resumo de fotos.
Só se retirou 1 persoa.
Protección Civil montou un par de dispositivos que só nos falta montar unha pulpeira en Tarroiba!!!.
O concello deu todo a apoio necesario. Os tramos abertos, duros pero incribles....!!! Vaia traballo os compas nosos da Vila
Imos ter que empezar a preparar novas sorpresas...